Lugo · MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) · 2026
Wallacee a Orixedas Especies
O naturalista que cambiou a nosa comprensión da vida na Terra
Quen foi Wallace
Wallace: o outro pai da
teoría da evolución por selección natural
Alfred Russel Wallace (1823–1913) foi un naturalista, explorador e xeógrafo galés. Durante as súas expedicións polo Amazonas e polo arquipélago malaio reuniu máis de 125.000 espécimes e contribuíu á descrición de numerosas especies novas para a ciencia.
De forma independente a Charles Darwin, formulou a teoría da selección natural como mecanismo da evolución. A carta que enviou a Darwin desde a illa de Ternate en 1858 levou á presentación conxunta dos traballos de ambos os dous naturalistas ante a Sociedade Linneana de Londres (Linnean Society of London), nun dos episodios máis relevantes da historia da ciencia.
Hoxe, Wallace é considerado un dos grandes exploradores científicos do século XIX e unha figura fundamental para comprender a biodiversidade e a evolución da vida na Terra.
Coñece a súa vidaA Biodiversidade de Wallace
Espécimes do Mundo Tropical
Máis de 125.000 exemplares recollidos en oito anos de exploración polo arquipélago malaio
A Exposición
Ciencia, natureza e exploración
nun único espazo
A exposición está cedida polo Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC) e organizada por ACUIGEN e RODA, dous grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela especializados, respectivamente, en xenética e divulgación e didáctica das ciencias. Conta co patrocinio do Concello de Lugo e Caixa Rural Galega, e coa colaboración do Museo de Historia Natural da USC e do Museo Histórico do IES Lucus Augusti.
Paneis e Recursos Gráficos
Mapas das expedicións, rutas de exploración e representación da Liña de Wallace.
Pezas Históricas
A exposición reúne unha selección de documentos, ilustracións, materiais científicos e exemplares procedentes das coleccións do Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC), entre os que se inclúen aves, bolboretas, mamíferos e outras pezas de especial interese histórico e científico. O percorrido complétase con espécimes e recursos cedidos polo Museo de Historia Natural da USC e polo IES Lucus Augusti..
Recursos Audiovisuais
Proxeccións inmersivas e un documental divulgativo inspirados nas paisaxes da Amazonía e do arquipélago malaio que explorou Alfred Russel Wallace durante as súas expedicións científicas.
Materiais Didácticos
Actividades prácticas para nenos e nenas de 5 a 9 anos, elaboradas en colaboración co Gabinete Didáctico do MIHL. Exploración, descubrimento e ciencia a través do xogo.
Obra Fundamental
O Archipiélago Malaio:
A Terra do Orangután
e o Paxaro do Paraíso
O libro máis famoso de Wallace narra as súas expedicións de oito anos polo arquipélago malaio (1854–1862), durante as cales recolleu máis de 125.000 especímenes e formulou a liña que hoxe leva o seu nome: a Liña de Wallace, que separa as faunas de Asia e Australasia.
Dedicado ao seu amigo e colega Charles Darwin
Ver a exposición
especímenes recollidos por Wallace durante
8 anos de exploración polo arquipélago malaio
Programa de Actividades
Máis alá da exposición
Un programa completo de divulgación científica articulado arredor da exposición, aberto a todos os públicos e con actividades especialmente deseñadas para centros educativos.
Visitas Guiadas Escolares
Programa de visitas para centros educativos galegos, dende 5º de EP ata 2º de Bacharelato. Guías voluntarios do Campus Terra formados polos comisarios do MNCN.
Reservar visitaObradoiros Infantís
Actividades prácticas para nenos e nenas de 5 a 9 anos, elaboradas en colaboración co Gabinete Didáctico do MIHL. Exploración, descubrimento e ciencia a través do xogo. As reservas desta actividade xestiónanse directamente desde o MIHL a través do correo electrónico museo.mihl@lugo.gal.
Máis informaciónCiclo de Conferencias
Cinco encontros con investigadores e divulgadores científicos de recoñecido prestixio para explorar algunhas das grandes cuestións da historia natural e da bioloxía moderna: a evolución, a xenética, a biodiversidade, a exploración científica e a comunicación do coñecemento. O ciclo reunirá especialistas procedentes do ámbito universitario, museístico e da divulgación científica nun programa aberto ao público xeral e de acceso gratuíto.
Ver datasCinema Científico
Un percorrido pola teoría da evolución a través do cinema. Documentais e películas que exploran a diversidade da vida, a historia da ciencia e o legado de Darwin e Wallace. Actividades abertas ao público xeral, de balde.
ProgramaciónConferencias no Campus Terra
Encontros académicos con investigadores nacionais e internacionais na Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo).
Máis infoMaterial Didáctico
Recursos elaborados polo grupo RODA da USC para facilitar o traballo previo e posterior nas aulas. Descarga gratuíta para centros educativos.
DescargarAxenda
Ciclo de
Conferencias
Todas as conferencias son de entrada libre e terán lugar en horario de 20:00 a 21:00 h.
Cronoloxía
Os Grandes
Fitos de Wallace
Impulsores do proxecto
Grupo de investigación
ACUIGEN
O proxecto está impulsado polo grupo de investigación ACUIGEN (GI-1251) da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado por Paulino Martínez Portela, catedrático de Xenética no Campus Terra.
Con máis de tres décadas de experiencia en xenética e xenómica, ACUIGEN mantén un firme compromiso coa divulgación científica — impulsando iniciativas como Unha cebra na auga ou Regueifas de Ciencia — para facer da ciencia un recurso accesible e conectado coa sociedade.
Máis informaciónLugo · Setembro 2026
Vén descubrira historiade Wallace
Unha exposición única en Galicia sobre o naturalista que cambiou para sempre a nosa comprensión da vida na Terra. Entrada libre para todos os públicos.
O Vello Cárcere · Lugo · Galicia · Coordinado pola USC Campus Terra · Producido polo MNCN-CSIC