https://www.expowallaceusc.com/ é un portal dedicado a proporcionar información e difundir actividades da exposición Alfred R. Walllace e a Orixe das Especies organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). O seu contido está protexido por dereitos de propiedade intelectual (artigo 12 da Lei de Propiedade Intelectual).
O usuario deste sitio web pode realizar os actos necesarios para acceder ao contido da base de datos e ao seu uso normal.
Non se permite o uso comercial do seu contido baixo ningunha circunstancia.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta plenamente e se compromete a cumprir os termos e condicións detallados neste aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. O usuario comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos, de acordo coa lei.
Cando un usuario incumpra os avisos legais e as condicións de uso especificadas aquí, o equipo responsable resérvase o dereito de emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
2. OUTROS DEREITOS
Os dereitos de propiedade intelectual relativos ao contido do sitio web, o software subxacente (incluído o código fonte), o deseño gráfico, así como os diferentes elementos que conforman o sitio web (signos distintivos, contido e imaxes), pertencen á USC, e prohíbese a súa reprodución parcial ou total sen o consentimento do seu lexítimo titular.
3. AVISO LEGAL
O acceso a este sitio web e o uso que se poida facer da información contida nel é responsabilidade exclusiva do usuario.
O propietario non será responsable de ningunha consecuencia, dano ou perda que poida ocorrer ao equipo do usuario como resultado directo ou indirecto do acceso a este sitio web.
Do mesmo xeito, a USC queda exenta de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos de mantemento necesarios ou calquera outra causa, así como de calquera erro e inexactitude que o sitio web poida conter.
4. POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS E PRIVACIDADE
Este sitio web non recolle nin trata datos persoais, sen prexuízo do que se indicará na política de cookies.