Un programa integral de divulgación científica arredor da exposición, aberto a todos os públicos e con actividades especialmente deseñadas para centros educativos.
O programa de actividades complementa a exposición principal con visitas guiadas, obradoiros infantís, conferencias científicas, cinema e materiais didácticos elaborados especificamente para centros educativos galegos. A participación nas actividades será gratuíta, previa inscrición cando así se indique.
Visitas Guiadas Escolares
Programa de visitas guiadas para centros educativos galegos. O persoal guía — alumnado voluntario do Campus Terra — recibirá formación específica impartida polo gabinete pedagóxico do Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC) e polos comisarios da exposición.
Actividades hands-on para nenos de 5 a 9 anos, elaboradas en colaboración co Gabinete Didáctico do MIHL. Exploración, descubrimento e ciencia divertida adaptada aos máis pequenos.
Ciclo de proxeccións audiovisuais na Casa do Saber (Vicerreitorado do Campus de Lugo). As sesións complementaranse con presentacións introdutorias e coloquios posteriores con investigadores e divulgadores.
Cinco conferencias con investigadores da USC e o CSIC sobre evolución, xenética, biodiversidade e comunicación científica. Abertas ao público xeral, de balde, en horario de 19:00 a 21:00 h.
Encontros académicos con investigadores nacionais e internacionais na Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo). Abertas á comunidade universitaria e ao público xeral.
Recursos elaborados polo grupo RODA da USC para facilitar o traballo previo e posterior nas aulas. Descarga gratuíta para todos os centros educativos galegos.
Todas as actividades teñen lugar entre o 17 de setembro de 2026 e o 31 de xaneiro de 2027. Entrada libre para todas as actividades abertas ao público xeral.
Axenda
As conferencias, de carácter divulgativo, están abertas a toda a cidadanía e abordarán cuestións relacionadas coa evolución, a xenética, a biodiversidade e a comunicación científica nun formato accesible para públicos non especializados.
Entre os participantes previstos figuran especialistas vinculados á Universidade de Santiago de Compostela e ao Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC).
A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo dispoñible.
Material Didáctico
O grupo de investigación RODA (GI-1667) é un grupo de investigación interdisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela especializado en educación e innovación educativa. A súa actividade céntrase no desenvolvemento de competencias científicas, lingüísticas, matemáticas e sociais.
No marco deste proxecto colabora no deseño das propostas didácticas e dos recursos educativos da exposición.
Niveis educativos
Documentos dispoñibles
Material de traballo previo e posterior á visita á exposición. Actividades, preguntas de reflexión e recursos complementarios para o aula.
Material para Bacharelato con contidos avanzados sobre evolución, xenética de poboacións e bioxeografía.
Cuaderno de actividades para os obradoiros infantís. Deseñado para que os máis pequenos descubran a natureza como exploradores.
MIHL · Lugo · 2026
Para reservas de grupos escolares, información sobre actividades ou solicitude de material didáctico, ponte en contacto co noso equipo.